A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia tivo a ben conceder dúas subvencións das destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades aos programas: NAUTICA INCLUSIVA 2023 coa finalidade de formar novos e novas  patróns de embarcacións de lecer, participar nas probas dos campionatos inclusivos de Galicia e de España de motonáutica, e colaborar na creación de dúas novas entidades e ADQUISICION dunha embarcación accesible

CURSOS

En colaboración con Predif Galicia, realizáronse os cursos para obter o título de patrón, "licenza de navegación", nas localidades de Vigo, Agolada e Sada coas prácticas no encoro de Portodemouros e nas rías de Vigo e Betanzos.

Formáronse 20 novos patróns: 

- 11 patróns con discapacidade (3 mulleres e 8 homes)

- 9 acompañantes sen discapacidade (3 mulleres e 6 homes)

PARTICIPACION

Coas entidades deportivas ADECO DEA de Noia, CLUBE MINAUTA de Vigo, Club Náutico Inclusivo Baixo Miño de Tui e o Club Os Navegantes de Sada participaron nas probas do Campionato Inclusivo de Motonáutica de Galicia e de España organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica.

 
  

NOVAS ENTIDADES

Presentación en Tui do novo Club Náutico Inclusivo Baixo Miño

En Sada o Club Os Navegantes de Sada

NOVA EMBARCACION



 

Unha Pioner Multi III de fácil acceso por ter unha proa abatible.